
As Titorías AGAG abren unha nova convocatoria para mulleres guionistas
A convocatoria estará aberta do 14 ao 18 de setembro e as participantes poderán presentar os seus proxectos nunha sesión one to one en Pontevedra
Xa está dispoñible na canle de YouTube de AGAG o II Encontro de mulleres do audiovisual galego celebrado este mércores 18 ás 18:00 horas, unha cita que reuniu a destacadas profesionais do sector para compartir experiencias e reflexionar sobre o presente e o futuro da industria.
A sesión contou coa participación de Alicia Francés (dirección de fotografía), Lourdes Rodríguez (montaxe), Alba Pego (son), Beatriz Legerén (guión e videoxogos) e Elba Fernández (composición e deseño gráfico). A conversa estivo moderada pola guionista Clara Coira.
Durante o encontro, as participantes abordaron cuestións clave sobre os seus respectivos ámbitos profesionais, compartiron as súas traxectorias e analizaron os retos e oportunidades que afronta o audiovisual galego na actualidade.
Esta conversa aberta ofrece unha valiosa oportunidade para coñecer mellor os distintos oficios que conforman o sector audiovisual e escoitar, en primeira persoa, as experiencias de mulleres que desenvolven o seu traballo neste eido.

A convocatoria estará aberta do 14 ao 18 de setembro e as participantes poderán presentar os seus proxectos nunha sesión one to one en Pontevedra

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto do 3 ao 23 de xullo de 2026, ata as 14:00 horas.

O documento recompila aclaracións prácticas sobre os requisitos, a documentación necesaria e o proceso de solicitude, converténdose nunha ferramenta de apoio para quen estea preparando a súa candidatura á convocatoria de 2026.

A entidade de xestión DAMA celebrou o pasado martes 23 as eleccións para a renovación do seu Consello de Administración.
Escribir non é un privilexio, é un traballo. Afiliarte é loitar por contratos dignos, dereitos reais e respecto cara á profesión. Sen guionistas, non hai historias. Sen Unión, non hai futuro.