Non entendes algunha cláusula do teu contrato? Non estás seguro/a de que o teu salario sexa o correcto? Tes dúbidas antes de asinar? A resposta é sempre a mesma: solicita asesoramento legal.
Que ofrece esta asesoría a calquera guionista?
Como podo realizar unha consulta?
Consulta condicións se pertences a AGAG, EDAV, CINA, GAC y GIDOI. Se non formas parte de ningunha asociación, contacta connosco en direccion@uniondeguionistas.com.
Unión de Guionistas tamén ten o seu propio avogado, que traballa en diferentes proxectos como o Estatuto do Artista, a Lei do Cinema… unha serie de cuestións que tamén nos benefician a todas e todos os guionistas.
Dende 2024, Unión de Guionistas forma parte do Comité Executivo da FSE (Federation of Screenwriters in Europe).
A organización reúne 31 asociacións e sindicatos de guionistas de 28 países europeos, representando a máis de 10.000 guionistas profesionais.
Esta representación na escala executiva da asociación dános maior forza nunha multitude de escenarios, desde debates legais ata campañas en defensa das e dos guionistas. A FSE non só informa, tamén organiza encontros e conecta profesionais de distintos países, o que permite compartir estratexias e afrontar retos comúns.
Ademais, a súa presenza en organismos internacionais como a Asociación Internacional de Guionistas (IAWG) ou a Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI) reforzan a posición de UNIÓN, dándolle máis peso, contactos e capacidade de influír en decisións clave para o sector.
Por formar parte de Unión, poderás desfrutar dun servizo de apoio psicolóxico especializado en guionistas. Pensado para atender as necesidades de saúde mental propias da profesión. O funcionamento é sinxelo: unha primeira consulta gratuíta e sesións posteriores con tarifa reducida, xestionadas a través do correo info@uniondeguionistas.com e derivadas ao equipo profesional de M.I Therapy.
Este servizo nace para dar resposta a unha realidade do sector: a presión, a inestabilidade e o desgaste emocional que moitas veces non se visibiliza. Esta iniciativa forma parte dunha liña de traballo máis ampla orientada a normalizar o coidado da saúde mental, fomentar o diálogo e ofrecer ferramentas reais de apoio dentro do mundo do guión. Somos pioneiros, pero este servizo debería existir desde hai moito tempo.
Quen está detrás de M.I Therapy?
M.I. Therapy é unha organización centrada na saúde mental dentro das contornas creativas, especialmente na industria musical. Fundada por Rosana Corbacho, combina experiencia directa no sector (Spotify, Berklee University, Primavera Sound) coa práctica clínica.
Ofrece acompañamento terapéutico adaptado ás particularidades do traballo creativo, abordando ansiedade, presión profesional, inestabilidade e desenvolvemento persoal en artistas e equipos. O seu enfoque integra coñecemento do medio e técnicas baseadas na evidencia, en sesións individuais e grupais.