Que é Unión?

Unión de Guionistas é a agrupación dos sindicatos e asociacións profesionais de guionistas dos distintos territorios do Estado.

Representa a máis de 920 guionistas profesionais en Catalunya, València, Galicia, Euskadi e Andalucía.

Unión traballa dende 2007 (baixo o nome de FAGA ata 2026) a nivel autonómico, estatal e internacional, defendendo os intereses de os e as  guionistas e loitando para que as condicións nas que realizamos o noso traballo melloren día a día.

Unión está presente onde se deciden as regras do xogo para asegurar a pluralidade do audiovisual español, que escribe dende distintos territorios, en distintas linguas e dende realidades moi diversas.

Que fai Unión?

Unión de Guionistas traballa alí onde se asentan as bases da nosa profesión:

| Representa ás e aos guionistas ante institucións públicas autonómicas, estatais e europeas.

|Coordina as diferentes asociacións autonómicas na procura dunha soa voz que una e defenda as problemáticas do sector.

| Defende dereitos laborais e autorais (Convenio colectivo, Estatuto do artista, Intelixencia Artificial).

| Participa nos espazos onde se define como funciona a industria (Axudas de escritura do ICAA, Lei do cinema).

| Potencia e visibiliza a diversidade cultural e lingüística do audiovisual.
Defende e avoga por que exista unha industria audiovisual forte en todas as autonomías.

| Realiza actividades útiles para a formación ou a conexión entre guionistas (Lei de ensinanzas artísticas, Encontro de guionistas).

Desde 2024, tras 19 anos formando parte activa, Unión de Guionistas pasa a formar parte do Comité Executivo da FSE (Federation of Screenwriters in Europe). A organización reúne 31 asociacións e sindicatos de guionistas de 27 países europeos, representando a máis de 10.000 guionistas profesionais.