Visualiza o II Encontro de mulleres do audiovisual galego na canle de Youtube de AGAG

Xa está dispoñible na canle de YouTube de AGAG o II Encontro de mulleres do audiovisual galego celebrado este mércores 18 ás 18:00 horas, unha cita que reuniu a destacadas profesionais do sector para compartir experiencias e reflexionar sobre o presente e o futuro da industria.
AGAG no IX Encontro de Guionistas en Logroño

A pasada semana, máis de 450 guionistas reuníronse en Logroño na IX edición do Encontro de Guionistas. Entre eles, varios socios e socias de AGAG participaron nas diferentes mesas de debate, charlas e masterclasses do Encontro de Guionistas celebrado en Logroño, unha cita xa consolidada como punto de encontro para profesionais da escritura audiovisual de todo o Estado.
Así foi o peche da MC de escritura de series da Uvigo en colaboración con AGAG

Finaliza a microcredencial de “Creación e escritura de series”, da Universidade de Vigo co apoio de AGAG, tras un pitch o 29 de abril en Pontevedra.