SGAE celebra a súa Asamblea Xeral o 23 de xuño

A Asemblea Xeral terá lugar de maneira presencial e telemática, de forma simultánea, no Palacio Neptuno de Madrid (rúa Cervantes, nº 42), ás 15:30 horas en primeira convocatoria ou ás 16:30 horas en segunda convocatoria (hora peninsular). Todas as persoas membros da SGAE poderán exercer o seu dereito ao voto.

UNIÓN DE GUIONISTAS SÚMASE Á HOMENAXE A IGNASI CAMÓS

O Ministerio de Cultura, a través do ICAA, organizou unha homenaxe en recordo de Ignasi Camós, director xeral do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais desde 2023 ata o seu falecemento o pasado 23 de abril.

AGAG no IX Encontro de Guionistas en Logroño

A pasada semana, máis de 450 guionistas reuníronse en Logroño na IX edición do Encontro de Guionistas. Entre eles, varios socios e socias de AGAG participaron nas diferentes mesas de debate, charlas e masterclasses do Encontro de Guionistas celebrado en Logroño, unha cita xa consolidada como punto de encontro para profesionais da escritura audiovisual de todo o Estado.