AGAG participa na XXIII Xornada “Vigo ante o seu futuro” dedicada á industria cultural

AGAG asistiu esta mañá á Xornada “Vigo ante o seu futuro”, organizada pola Fundación ProVigo, centrada nesta edición no papel estratéxico da industria cultural na transformación económica de Vigo e a súa contorna.

A xornada reuniu a representantes institucionais e profesionais de referencia dos ámbitos audiovisual, musical, editorial e cultural para reflexionar sobre os retos e oportunidades dun sector clave para o desenvolvemento económico e social do territorio.

COMPARTE:

Máis ACTIVIDADE

A unión fai a forza

Escribir non é un privilexio, é un traballo. Afiliarte é loitar por contratos dignos, dereitos reais e respecto cara á profesión. Sen guionistas, non hai historias. Sen Unión, non hai futuro.