A FSE E UNIÓN DE GUIONISTAS POSICIÓNANSE A FAVOR DOS “600” DE CANNES

A Federación Europea de Guionistas emitiu un comunicado de apoio ás e aos artistas franceses que asinaron unha carta opoñéndose ao dominio do principal accionista de Canal+, quen promove abertamente unha axenda cultural e cívica sobre o cinema francés.

O pasado 12 de maio, coincidindo coa inauguración do Festival de Cannes, 600 profesionais da industria audiovisual francesa publicaron no xornal ‘Libération’ un manifesto advertindo dos perigos de deixar o cinema francés “en mans dun propietario de extrema dereita”, en referencia ao controvertido multimillonario Vincent Bolloré. Este, próximo á extrema dereita, non só é o principal accionista de Canal+ —a empresa audiovisual europea que máis películas produce—, senón que tamén posúe o 34 % das accións de UGC, a principal cadea de salas de cinema de Francia. Esta concentración de poder espertou o temor das e dos asinantes a que non só se produza unha homoxeneización das películas, senón tamén “unha toma de control fascista do imaxinario colectivo”.

A reacción máis virulenta a este manifesto foron as declaracións de Maxime Saada, director xeral de Canal+, quen afirmou que elaborará unha lista negra coas e cos asinantes (entre eles o actor español Sergi López e o guionista e director francés Arthur Harari) e que non volverá “traballar con eles”. Ante esta postura, a FSE – Federación Europea de Guionistas emitiu tamén un comunicado de apoio sen fisuras non só ás persoas que asinaron o manifesto, senón tamén a todas as e todos os profesionais que foron obxecto das represalias anunciadas publicamente, así como a todas as autoras e autores europeos afectados por calquera forma de censura.

Para a FSE —que o pasado mes de abril presentou no prestixioso Festival Series Mania de Lille o informe Dereito a escribir—, as declaracións de Saada e a súa decisión de crear unha lista negra responden a un patrón que se repite en toda Europa: a adquisición de medios de comunicación e industrias culturais para intervir na creación dos seus contidos ao servizo dunha axenda ideolóxica moi concreta.

Para Ángel Manzano, presidente de Unión de Guionistas e membro do Comité Executivo da FSE, a resposta do máximo responsable de Canal+ non é máis ca a aplicación do “manual para cercenar a liberdade de expresión” do que fala o informe Dereito a escribir: “Primeiro mercan os medios de comunicación afíns ideoloxicamente, controlando os contidos e, en definitiva, a narrativa; despois, crean un clima de medo e ameazas para silenciar as voces críticas. E cando isto non funciona, como no caso do manifesto asinado polas e polos artistas franceses, aplican directamente a censura”.

Federación Europea de Guionistas é unha rede de asociacións, gremios e sindicatos nacionais e rexionais de guionistas, fundada en 2001. Está formada por 31 organizacións de 27 países, que representan máis de 10.000 guionistas de toda Europa. A FSE defende e promove os intereses culturais, profesionais e económicos das e dos guionistas ante as institucións europeas e no conxunto da industria audiovisual.

COMPARTE:

Más ACTIVIDAD

SGAE celebra a súa Asamblea Xeral o 23 de xuño

A Asemblea Xeral terá lugar de maneira presencial e telemática, de forma simultánea, no Palacio Neptuno de Madrid (rúa Cervantes, nº 42), ás 15:30 horas en primeira convocatoria ou ás 16:30 horas en segunda convocatoria (hora peninsular). Todas as persoas membros da SGAE poderán exercer o seu dereito ao voto.

La unión hace la fuerza

Escribir no es un privilegio, es un trabajo. Afiliarte es luchar por contratos dignos, derechos reales y respeto hacia la profesión. Sin guionistas, no hay historias. Sin Unión, no hay futuro.