
O GAC SUMA MÁIS GUIONISTAS ANO TRAS ANO
O sábado 28 de marzo celebrouse a Asemblea Xeral Ordinaria de Socios e Socias de GAC na sede de DAMA de Barcelona para facer un balance das accións de 2025 e expoñer as liñas a seguir de cara ao 2026.
Entre as galardoadas, destacaron varias producións vinculadas a socias e socios da Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), que tiveron unha presenza salientable no palmarés desta edición.
O premio a Mellor Guión foi para “Antes de nós”, de Pepe Coira, mentres que o galardón a Mellor Serie recaeu en “Weiss e Morales”, na que participan os socios Alberto Guntín, Dani D. García e Puri Seixido, xunto a Carlota Dans e Nina Hernández.
Na categoría de Mellor Programa, o recoñecemento foi para “Cos pés na terra”, unha idea orixinal de Pepe Coira que contou coa participación do tamén socio Marcos Estebo. Pola súa banda, “360 Curvas”, producida por Xacio Baño, fíxose co premio a Mellor Documental.
Finalmente, o galardón a Mellor Realización foi para “Historias de Aquí”, dirixida por Marcos Nine, completando así unha noite de éxitos para o talento galego.
Parabéns!

O sábado 28 de marzo celebrouse a Asemblea Xeral Ordinaria de Socios e Socias de GAC na sede de DAMA de Barcelona para facer un balance das accións de 2025 e expoñer as liñas a seguir de cara ao 2026.

Xa está dispoñible na canle de YouTube de AGAG o II Encontro de mulleres do audiovisual galego celebrado este mércores 18 ás 18:00 horas, unha cita que reuniu a destacadas profesionais do sector para compartir experiencias e reflexionar sobre o presente e o futuro da industria.

Finaliza a microcredencial de “Creación e escritura de series”, da Universidade de Vigo co apoio de AGAG, tras un pitch o 29 de abril en Pontevedra.
Escribir non é un privilexio, é un traballo. Afiliarte é loitar por contratos dignos, dereitos reais e respecto cara á profesión. Sen guionistas, non hai historias. Sen Unión, non hai futuro.