Comunicado tras a denuncia ao Director Xeral de ADM e Presidente do Clúster LAND

Desde CINA, facemos pública a nosa solidariedade e apoio incondicional á compañeira reporteira afectada e condenamos estes feitos, manifestando o noso firme compromiso contra o acoso e o rexeitamento absoluto de calquera conduta de violencia sexual e laboral.

Aínda que o caso se atope actualmente á espera de resolución xudicial, a presunción de inocencia non exime as empresas, organizacións e institucións de actuar con contundencia e responsabilidade.

Segundo o estudo «A Profesión de Guionista en España», o 40 % das mulleres guionistas sufriron acoso e discriminación laboral. Desgraciadamente, esta é unha realidade estendida en todo o sector audiovisual e na sociedade que cómpre erradicar.

Se sufristes ou presenciastes situacións de acoso laboral ou sexual, estamos aquí para axudarvos e animámosvos a denunciar estes casos.

COMPARTE:

Más ACTIVIDAD

SGAE celebra a súa Asamblea Xeral o 23 de xuño

A Asemblea Xeral terá lugar de maneira presencial e telemática, de forma simultánea, no Palacio Neptuno de Madrid (rúa Cervantes, nº 42), ás 15:30 horas en primeira convocatoria ou ás 16:30 horas en segunda convocatoria (hora peninsular). Todas as persoas membros da SGAE poderán exercer o seu dereito ao voto.

La unión hace la fuerza

Escribir no es un privilegio, es un trabajo. Afiliarte es luchar por contratos dignos, derechos reales y respeto hacia la profesión. Sin guionistas, no hay historias. Sin Unión, no hay futuro.