AGAG no IX Encontro de Guionistas en Logroño

A pasada semana, máis de 450 guionistas reuníronse en Logroño na IX edición do Encontro de Guionistas. Entre eles, varios socios e socias de AGAG participaron nas diferentes mesas de debate, charlas e masterclasses do Encontro de Guionistas celebrado en Logroño, unha cita xa consolidada como punto de encontro para profesionais da escritura audiovisual de todo o Estado.