UNIÓN DE GUIONISTAS PARTICIPA EN SERIES MANIA XUNTO Á FSE

Hai uns días tivemos o pracer de participar en Series Mania xunto á Federación Europea de Guionistas (FSE).

Durante a xornada, compartimos espazo con destacadas e destacados guionistas de distintos países, poñendo en común experiencias, visións do sector e os desafíos actuais da profesión. Ademais, presentouse o informe “Right to Write: Screenwriters and the Growing Threats to Freedom of Artistic Expression in Europe”, centrado nas crecentes ameazas á liberdade de expresión artística. Un informe do que xa falamos na publicación anterior.

No marco do evento, tamén se celebrou unha reunión do comité executivo da FSE, na que se abordaron liñas estratéxicas clave para o futuro do sector, así como un encontro aberto con guionistas europeos para explicar o labor da organización e reforzar o seu papel como entidade representativa, presente en máis de 27 países.

Seguimos traballando para defender os dereitos das e dos guionistas e fortalecer unha industria audiovisual máis xusta, diversa e sostible en toda Europa.

COMPARTE:

Más ACTIVIDAD

SGAE celebra a súa Asamblea Xeral o 23 de xuño

A Asemblea Xeral terá lugar de maneira presencial e telemática, de forma simultánea, no Palacio Neptuno de Madrid (rúa Cervantes, nº 42), ás 15:30 horas en primeira convocatoria ou ás 16:30 horas en segunda convocatoria (hora peninsular). Todas as persoas membros da SGAE poderán exercer o seu dereito ao voto.

La unión hace la fuerza

Escribir no es un privilegio, es un trabajo. Afiliarte es luchar por contratos dignos, derechos reales y respeto hacia la profesión. Sin guionistas, no hay historias. Sin Unión, no hay futuro.